Asociación Irimia

A Romaxe de Crentes.

Que é a Romaxe:

É unha romería que se celebra cada ano para vencellar festivamente fe e galeguidade.

Leva máis de 30 anos de existencia e nela, unha vez cada ano e nun punto distinto da nosa xeografía, xuntámonos entre 4000 e 6000 persoas de toda Galicia. 

A nosa Romaxe sempre ten lugar o segundo sábado de setembro.

A forza da gratuidade:

Nun tempo no que todo é mercadeo, tentamos facer forza na e da gratuidade: ninguén da organización cobra polo seu traballo, nin sequera ós membros do grupo A Quenlla -que sempre nos acompañan e amenizan a festa- se lles paga o desprazamento. Os gastos cóbrense mediante un peto -no que cadaquén mete o que considera oportuno-, a venda dun medallón conmemorativo de Sargadelos e máis algunha subvención.

Lemas, datas e lugares de celebración das Romaxes desde 1978 ata hoxe:

  1. "Eu renazo galego"
  2. Pedregal de Irimia, nas fontes do Pai Miño. 

    Meira (Lugo).

    16/IX/1978.

  3. "Batidos pola mar"
  4. Punta do Couso. Aguiño. (Pontevedra).

    15/IX/1979.

  5. "A Cantiga das augas"
  6. Os Peares (Ourense).

    No encontro do Miño, o Búbal e o Sil.

    13/IX/1980.

  7. "Chamados na Lagoa"
  8.  Lagoa de Castiñeiras (Pontevedra).

    12/IX/1981.

  9. "A fala é camiño"
  10.  San Alberte de Roca (Lugo).

    11/IX/1982.

  11. "O Miño non se-para"
  12. Monte Aloia. Tui (Pontevedra).

    10/IX/1983.

  13. "Prender lume novo"
  14. Ponte Ledesma (A Coruña).

    15/IX/1984.

  15. "Fillo e señor da terra" 
  16. Lobadiz. Ferrol (A Coruña).

    14/X/1985.

  17. "Fender vellos xugos"
  18. Cereixo. Vimianzo (A Coruña).

    6/IX/1986.

  19. "Benposta: 30 anos de loita"
  20. Benposta (Ourense).

    12/IX/1987.

  21. "Tempo de sementar"
  22. O Incio (Lugo).

    10/IX/1988.

  23. "Ancorar no futuro"
  24. Ancoradoiro. Muros (A Coruña).

    9/IX/1989.

  25. "Irimia: ¿E por que non ti?"
  26. Monte Castrove. O Salnés (Pontevedra).

    8/IX/1990.

  27. "Ergo os meus ollos"
  28. Monte Faro. Chantada (Lugo)

    14/IX/1991.

  29. "Unha Terra que medra"
  30. As Ermitas. A Lama (Pontevedra).

    12/IX/ 1992.

  31. "Vainos facendo o camiño"
  32. Monte do Viso. Lobeira (Ourense).

    11/IX/ 1993.

  33. "Coma un irmán che falo"
  34. Monte de Santa Cruz. Obe-Ribadeo (Lugo).

    10/IX/1994.

  35. "Somos pedras vivas"
  36. Aguiño (Pontevedra).

    9/IX/ 1995.

  37. "Polo camiño verde"
  38. O Rosario. Vilar de Donas-A Ulloa (Lugo).

    7/IX/1996.

  39. "A liberdade faravos verdadeiros"
  40. Parque de Santa Margarida. A Coruña.

    13 /IX/1997.

    (Única vez que se celebrou nunha cidade)

  41. "Somos Igrexa"
  42. Cadeiras- Pinol (Lugo).

    12/IX/1998.

  43. "Que din os rumorosos"
  44. Montemuiño- Porto do Son (A Coruña).

    12/IX/1999.

  45. "Os tempos son chegados"
  46. Castro de Penalba-Campo Lameiro (Pontevedra).

    9/IX/2000.

  47. "E o Arnoia pasou cantando"
  48. Acearrica-Allariz (Ourense).

    8/IX/2001.

  49. "Rumores de Boa Nova"
  50. Camposancos-A Guarda (Pontevedra).

    14/IX/2002.

  51. "Venturosos os pés"
  52. Campo de Santa Isabel, Outeiro de Rei (Lugo).

    13/IX/2003.

  53. "Abrente de loita e Festa"
  54. Serra da Capelada, Cedeira (A Coruña).

    11/IX/2004.

  55. "Filla de Breogán, alédate!" 
  56. Trasladada ao pavillón do mercado de Arzúa (A Coruña) por causa da chuvia. O emprazamento inicial era a carballeira do Santuario da Mota, Arzúa.

    10/IX/2005.

    Ver fotos 
  57. "Redeiras de esperanza"
  58. Chan da Arquiña, Moaña (Pontevedra).

    9/IX/2006.

  59. "A terra quer lentura"
  60. Virxe do Monte, Mazaricos (A Coruña).

    8/IX/2007.

  61. "Rexos coma carballos"
  62. Carballeira de Baltar, A Pastoriza (Lugo).

    13/IX/2008.

  63. "Un mar de Grazas"
  64. O Couso, Aguiño.

    12/IX/2009.

  65. "Se ti viras o que eu vin"
  66. A Peneda, Monterroso.

    11/IX/2010.


Eu renazo galegoBatidos polo marA Cantiga das augasA fala é camiñoO Miño non separaPrender lume novoFillo e Señor da TerraFender vellos xugosErgo os meus ollosComa un Irmán che faloSomos pedras vivasA liberdade faravos verdadeirosRumors de Boa NovaVenturosos os pésBatidos polo marFilla de Breogán, alédate!Redeiras de esperanza