Asociación Irimia

A Revista Irimia.

Escríbenos

Podemos regalar algunhas revistas, pero a nosa economí­a non nos permite asumir o gasto de enví­o indefinidamente.

Por iso propoñémosche:

  1. Descarga a versión pdf e mira se che interesan.
    portadas
    Preme aquí­ para descargar
  2. Se estás interesado en recibila en papel, escrí­benos e pí­denos que cha mandemos un tempiño de proba ou ben subscrí­bete directamente.
  3. O prezo da subscrición normal é de 24 euros ó ano. Con isto case cubrimos gastos (impresión e enví­o por correo). Se podes pagalo, axúdasnos a manter a revista viva e nosoutros sabemos que segue habendo quen quere que este labor continúe.
  4. Quen quere dar un apoio claro a esta angueira paga 36 euros.

A revista xurdiu en 1981 tendo periodicidade semanal ata o 28 de decembro de 1986. A partir de aí­ medrou en formato e pasou a ser quincenal.

Despois de máis de 25 anos de traballo, continúa tentando colaborar á mantenza dunha fe arraigada en Galicia, achegando un punto de vista crí­tico, -pois pretende ser fiel ó evanxeo- das cousas que ocorren no mundo (Igrexa incluí­da).

A mesa de redacción

En tantos anos deu tempo a pasar pola mesa unha morea de xente. Para non deixarmos a ninguén esquecido diremos só que foi dirixida primeiro por Victorino Pérez Prieto, máis tarde por Carme Puente Fernández e hoxe coordinada por Daniel, Pedro e Rubén. Ademais gozamos dunha ampla lista de colaboradores participantes todas e todos desta filosofí­a de traballo de balde e desinteresado.

Na actualidade pertencen á mesma:

    • Daniel López Muñoz,
    • Rubén Rivas,
    • Pedro Pedrouzo Devesa,
    • Luí­s G. Aldegunde
    • Lidia Campos Chan,
    • Manolo G. Turnes,
    • Lines Salgado Iglesias,
    • J. Antonio Martí­nez