Asociación Irimia

A Asociación Irimia.

historia

"A necesidade de artellar todo ese movemento, bastante difuso, e estruturalo debidamente deu orixe ó posterior nacemento, con estatuto civil, da Asociación IRIMIA, co obxectivo de promociona-la cultura e a espiritualidade galego-cristiá" (Xosé Chao Rego)


Aínda que ciscados, había moita xente en Galicia que se identificaba cun, digamos, proxecto vital que discorre entre as doutrinas do Evanxeo e o sentimento de pertenza á Galeguidade e que tratan de asumir no seu estilo de vida palabras coma diálogo, tolerancia, solidariedade, loita pola liberdade, a xustiza e a paz. Deuse en chamarlles "crentes galegos". 

A "Asociación Irimia" foi fundada en 1978. Desde aquela veu arroupando diversas actividades na liña de promover unha galeguidade cristiá, solidaria cos máis débiles e en diálogo con calquera persoa ou colectivo comprometidos nos mesmos valores. 

Algunhas actividades nacidas na Asociación:

    • A revista "Irimia" 
    • A Romaxe de Crentes Galeg@s (e máis a acampada previa)
    • A Escola Alento de Formadores para o Tempo Libre (hoxe desvencellada de Irimia)
    • A Colección "Angueira", sobre temas de Igrexa e Galeguidade.

      Publicacións da colección.

    • As xuntanzas de reflexión e diálogo
    • Os Encontros de verán
    • A Festa do Lume
    • O servizo litúrxico Remol