
Publicacións monográficas de identidade Galega e Cristiá
Trátase dunha liña editorial aberta por Irimia no ano 1992 coa presentación de Camiñando a Compostela de Xosé Chao. Inicialmente eran uns folletiños, de entre 60 e 70 páxinas, destinados a analizar, dun xeito máis amplo ca nos artigos da revista, temas monográficos relacionados coa fe e a galeguidade.
No ano 2000 decidiuse darlle un cambio tanto na presentación coma na extensión. Neste sentido o formato medrou ata converterse nun pequeno libro e o número de páxinas ampliouse máis alá das 150.
|
Título: Camiñando a Compostela (esgotado)
Sinopse: Foi preparado para o Ano Santo de 1983; analiza a cuestión histórica e revisa a concepción teolóxica. |
![]() |
Título: ¿A onde vai a Igrexa? (esgotado)
Sinopse: Valórase o concepto de "cristianía" fronte ó de "cristiandade" mentres se describe o pluralismo cristián nas orixes, critícase o ascenso do clericalismo e do poder de Roma para apuntar a un tipo de Igrexa na que o bautismo nos iguala. Faise un breve percorrido pola Igrexa en Galicia. |
|
Título: Cristiáns e galeguistas (esgotado)
Sinopse: O camiño da historia de Galicia está lastrado de xente que manifestou simultaneamente a súa dobre fe en Xesús e na súa causa, e na causa de Galicia e o pobo galego. Este libriño constitúe unha síntese dinámica e ben traballada desa realidade. |
|
Título: Temos carta de Deus (esgotado)
Sinopse: Como dá a entender o título, Deus diríxenos, na pluma de Xosé Antón Miguélez, unha fermosa carta. Nela fainos unha proposta atrevida de namoramento e fraternidade. |
![]() |
Título: ¿Por que nos sentimos culpables? (esgotado)
Sinopse: Elabórase o concepto de inconsciente e descóbrense as raíces da angustia: a procura do pracer e maila represión. Percórrense as etapas da infancia, fonte habitual de culpabilidade, para rematar denunciando a pastoral do medo e anunciando a gratuidade do perdón de Deus. |
![]() |
Título: O inferno a revisión (esgotado)
Sinopse: ¿Que queremos dicir cando dicimos inferno? O teólogo Andrés Torres Queiruga revisa o tema con competencia e ofrecendo serias alternativas. |
|
Título: ¡Boas noticias, Leni! (esgotado)
Sinopse: Leni é unha rapaza de 17 anos. Chea de inquedanzas un día escríbelle a un tal Xoan, que non é outro có discípulo amado. Cunha linguaxe vital e nidiamente popular, este libro é unha excelente introducción á lectura evanxélica. |
![]() |
Título: Camiño verde: ecoloxía e creación (esgotado)
Sinopse: Un pequeno e suxestivo ensaio sobre o problema ecolóxico. Acompáñase dunhas páxinas sobre san Francisco de Asís e o seu rebelde Cántido das criaturas. |
|
Título: ¿Espadas ou arados? Insubmisos cristiáns (esgotado)
Sinopse: Espadas ou arados é unha análise das opcións cristiáns pola paz dende o punto de vista da propia experiencia do autor, pero sen descoidar nunca as argumentacións teolóxicas. |
|
Título: Deus tenvos moita gracia (esgotado)
Sinopse: Está escrito en clave humorística e crítica. Ademais de ser divertido e de facer rir, tamén dá que pensar. |
Título: A Palabra fai
camiño
|
Título: Cousas de Veneranda
(esgotado)
Autor: Xosé Antón Miguélez
Díaz (Coord.) |
Título: Roxelio Subiela
Ledo. A gracia dun home de aldea.
Autor: Manuel Regal Ledo (Ed.) |
Título: Temos carta de Deus
|